Nesta páxina están as condicións de uso de Boimorto@NET, os dereitos sobre as súas imaxes e textos e como tratamos os datos persoais.
Condicións de uso
Estas condicións xerais regulan o uso do servizo da comunidade virtual de Internet que Boimorto Networks (en diante, Boimorto@NET) ofrece gratuitamente aos usuarios de Internet.
Ao entrar e utilizar os servizos ofrecidos neste sitio web, vostede está aceptando as condicións e os termos contidos neste contrato e declara expresamente a aceptación das seguintes condicións:
As informacións, conceptos e opinións emitidas neste sitio web non reflicten necesariamente a posición de Boimorto@NET, dos seus empregados ou directores. Por esta razón, Boimorto@NET non se fai responsable de ningunha das informacións, opinións ou conceptos que se emitan neste sitio web.
O sitio web Boimorto@NET non se fai responsable da edición, revisión e censura da información, nin se compromete a verificar o contido das páxinas ou sitios cos que o usuario se conecte a través do motor de busca e do directorio de Boimorto@NET. Por conseguinte, Boimorto@NET, os seus directores, empregados e persoas afíns non se fan responsables da verificación do cumprimento das normas que protexen os dereitos de autor, da legalidade ou da decencia do contido das páxinas ás que se teña acceso a través deste motor de busca ou do directorio de Boimorto@NET.
O usuario recoñece e acepta que Boimorto@NET non garantirá nin asegurará a veracidade da información, o contido, os artigos, a propaganda e os anuncios (a «información») que aparezan publicados ou que sexan distribuídos, directa ou indirectamente, a través deste sitio web, calquera sitio web interconectado ou calquera dos servizos que se vinculen ou relacionen con esta páxina web (os «servizos»).
Así mesmo, o usuario acepta que nin Boimorto@NET nin os seus directores ou empregados serán responsables da entrega, a calidade, os vicios ou calquera outro defecto que puidesen presentar os produtos, os servizos, a información ou outros materiais expostos (os «produtos»), adquiridos ou obtidos como consecuencia da información, publicidade, invitacións e ofertas que se fagan a través da información ou dos servizos.
Ao aceptar o presente contrato, vostede declara expresamente: (i) que é unha persoa capaz de discernir; (ii) que entrou neste sitio web pola súa propia vontade e que non foi coaccionado para iso; (iii) que recoñece e entende que algunhas das páxinas que se poden localizar a través do motor de busca e do directorio de Boimorto@NET poden conter imaxes, son ou texto que resulten ofensivos e inadecuados e que poden atentar contra a moral e os bos costumes; (iv) que a selección dos produtos ou servizos que o usuario desexe adquirir a fai baixo a súa propia responsabilidade, coas únicas garantías legais establecidas para tal efecto polos nosos socios da área de comercio electrónico, quedando Boimorto@NET liberada de calquera responsabilidade relacionada coa venda de produtos ou servizos; e (v) que leu os termos e condicións deste contrato e que os acepta coa súa plena e única responsabilidade.
O usuario acepta que Boimorto@NET poderá, cando o considere conveniente, realizar correccións, melloras ou modificacións na información ou nos servizos, sen que dea lugar nin dereito a ningunha reclamación ou indemnización, nin implique recoñecemento de responsabilidade ningunha.
O usuario renuncia a reclamarlle a Boimorto@NET calquera tipo de responsabilidade polos danos que, en forma directa, indirecta ou consecuencial, se poidan derivar da prestación e utilización da información ou dos servizos, ou da contratación, adquisición e utilización dos produtos.
O usuario acepta, ademais, as condicións de uso establecidas para tal efecto por todas aquelas empresas, institucións ou sitios web («socios») cos que Boimorto@NET teña acordos de colaboración ou explotación cando estes acordos repercutan na información, servizos ou produtos ofrecidos en Boimorto@NET. Os termos e condicións especiais de cada un dos socios de Boimorto@NET, se os houbese, atópanse convenientemente expostos e á disposición do usuario.
O usuario comprométese a utilizar os contidos de Boimorto@NET de conformidade coa lei, a moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública, e obrígase a absterse de utilizar este sitio web con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao establecido nas presentes condicións, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar este sitio web ou impedir a normal utilización ou goce de Boimorto@NET.
Imaxes e propiedade intelectual
As imaxes mostradas en Boimorto@NET obtivéronse a través dos seguintes medios:
A. Doutras institucións ou sitios web que deron a súa autorización expresa para o uso das súas imaxes en Boimorto@NET. Nestes casos ofrécese información específica sobre os dereitos de copyright das devanditas imaxes.
B. Remitidas por correo electrónico, ou ben de páxinas de Internet que ofrecen gratuitamente o seu contido. En ningún caso as devanditas páxinas avisaban legalmente aos seus visitantes dos dereitos de autor (copyright) que puidese haber sobre elas. Se o autor ou posuidor dos dereitos de copyright das fotografías que figuran neste sitio web desexa que sexan retiradas, abonda con que nolo comunique a través do correo electrónico e serán eliminadas de Boimorto@NET.
C. Reproducións sen uso comercial que pertencen aos seus propietarios legais. Nestes casos ofrécese información específica sobre os posuidores do copyright das devanditas imaxes.
O resto de imaxes, logos, fondos e textos son propiedade de Boimorto@NET e queda totalmente prohibida a súa reprodución e/ou difusión en calquera soporte inventado ou por inventar sen a autorización expresa e por escrito de Boimorto@NET.
Protección de datos
Calquera tipo de servizo prestado en Boimorto@NET aos seus usuarios que supoña algún tipo de intercambio de datos por parte destes réxese polas seguintes normas de confidencialidade:
Os seus datos serán utilizados exclusivamente para os fins convenientemente expostos en cada caso, tales como participación en xogos, sondaxes de opinión, etc. Os seus datos formarán parte dun arquivo informático de datos xestionado e controlado exclusivamente por Boimorto@NET.
Estes datos serán suprimidos unha vez cumpran os fins para os que foron recadados.
Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, de acordo co Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento (UE) 2016/679) e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Para iso, póñase en contacto connosco indicando claramente os datos que nos facilitou e o obxecto da súa mensaxe. Se considera que non atendemos debidamente a súa solicitude, pode reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).