|
Cultura e ocio As terras de Boimorto son aptas para a práctica da caza e a pesca fluvial. A súa gastronomía baséase precisamente nos resultados destas dúas actividades. A troita e o coello prepáranse de forma exquisita en varias casas de comidas do concello. Tamén elabóranse saborosos queixos que se comercializan co nome xenérico de Arzúa-Ulloa. Son moi numerosos os pazos rexistrados dentro dos límites de Boimorto, pero case todos perderon as súas características palaciegas e convertéronse en «casas grandes» de labranza. Tamén encontran os especialistas e arqueólogos non poucos lugares de investigación en castros, mámoas e menhires, como os de Andabao, que pasan desapercibidos para o turista en xeral. |