boimorto.org | mapa | que ver | xente | datos | o queixo

 

 

 

 

Festas e romarías

En tódalas parroquias celébranse festas ou romarías. De todas elas destacamos, o último sábado de xuño, o San Pedro en Cardeiro. No mes de Xullo é o Santiago de Boimorto, e o segundo sábado do mes é o San Cristóbo de Dormeá.

En agosto, o día 15, honrase a Santa María, en Os Ánxeles e Sendelle; celebran o San Simón en Rodieiros e festexan o San Roque en Arceo, o fin de semana seguinte ó 15.

O primeiro domingo de setembro celébranse en Boimorto as festas da Nosa Señora do Rosario e o segundo sábado honran en Brates a Santa Lucía.

Atrás Top

 


© [email protected] | nos | termos e condicións de uso | privacidade e copyright | colaborar | contactar