boimorto.org | mapa | que ver | xente | datos | o queixo

 

 

 

Dormeá

Na a parroquia de Dormeá, unha das que máis se citan nos documentos medievais, conservase a pequena igrexa de San Cristovo, sinxelo templo románico do século XII. Pertenceu a un mosteiro feminino fundado en 1152 por dona Lupa, filla do conde de Galiza Pedro Froilaz de Traba e muller,do Conde de Monterroso don Munio Peláez.

Os seus termos foron acotados por Fernando II de León, no ano 1157. Cerca dun século despois, o trobador Fernán Páez de Talamancos cita máis dunha vez nas súas cantigas de maldizer ó cenobio e a la entonces abadesa, a súa «coyrmaa» e amiga. O templo é dunha nave e un ábside de planta rectangular, cuberto con bóveda de canón; ingresase baixo un arco triunfal apuntado apoiado en semicolumnas adosadas.

As portas laterais son antigas, pero a principal debese a un arreglo moderno. Nesa parroquia, ó borde da estrada xeral conservase o pazo de Vilanova, coñecido como A Casa Grande. A súa primitiva construcción parece datar do século XVI, aínda modificado posteriormente, e hoxe ofrece un aspecto sobrio e rural con parte da súa construcción enfoscado e outra granítica.

Ten una bonita balconada angular sobre airosas columnas e balaustrada barroca. Nos escudos puedense ver os roeles dos Castro de Lemos, de quenes descenden os vinculantes desta casa, e as faixas dos Ulloa. Pertenceu desde o século XVII ós Prado e Saavedra. Ten unha sinxela capela, separada do edificio por un pequeno arroio, e unha gran finca ó redor.

Atrás Top

 


© [email protected] | nos | termos e condicións de uso | privacidade e copyright | colaborar | contactar