boimorto.org | mapa | que ver | xente | datos | o queixo

 

 

 

 

Toponimia. Boimorto e Bois de Gures

Destacamos hoxe dous lugares chamados Boimorto. Tratase de Boimorto, lugar e parroquia do concello de Vilamarín (Ourense) e Boimorto, parroquia e concello da provincia de A Coruña.

Estes topónimos dan nome a dous entornos pedregosos A característica pedregoso común a los lugares clamados Boimorto, repítese á vista un documento do ano 1292 que fala dun lugar que chaman a Pena do Boy morto (M. Lucas y P.P. Lucas, San Pedro de Ramirás. Un mosteiro feminino na Idade Media, páxina 441).

A forma documental de Boy morto, separada, suxírenos un topónimo composto dos simples Boi e Morto que, como vamos a ver, tamén por separado dan nome a pedras e lugares pedregosos.

Así, Boi, frecuentísimo, sempre nomea a peñascos terrestres ou marítimos. Entre outros moitos, Boi é o nome dunha punta rochosa da parroquia e concello de Baoiona (Pontevedra).

O Boi, Os Bois e O Corno do Boi son os nomes dunha punta e baixos mariños da parroquia de Xaviña, no concello coruñés de Camariñas. Nótese que O Corno do Boy parece unha tautoloxía composta dunha posible pase boi, peedra, e a precéltica corn, pedra. Boi Grande e Boi Pequeno, illotes todo raca situados fronte a punta do Orzán (A Coruña).

Boidecanto, punta costeira situada na parroquia de Liáns (Oleiros-A Coruña), é unha posible repetición ou tautoloxía de pedra a base dos compoñentes boi e o preindoeuropeo cant, tamén roca ou pedra.

Boicornello, lugar da parroquia de San Pedro do Val de Xestoso (Monfero-A Coruña), que constitúe outra tautoloxía similar á anterior de O Corno do Boi, que aparte das pedras de Xaviña da nome a un sistema montañoso onde abunda a pedra, situado no concello de Friol (Lugo).

En canto a Morto, pensamos que proben dun compoñente indoeuropeo mor, pedra, e tamén da nome a sitios pedregosos. Así, os vistos noutro articulo Morro Mortaxa (tautoloxía de mor) e Punta Mortaza, cabos moi pedregosos situados na praia de Valdaio, no concello coruñes de Carballo.

A voz morto tamén aparece no topónimo Mouromorto, outra posible tautoloxía de mor que sempre nomea emprazamentos moi pedregosos. Así, con estas características moi marcadas destacamos un lugar chamado Mouromorto pertencente a parroquia de Calo, (Teo-A Coruña), que nada terá que ver, aínda que o pareza, con mouros mortos. Os mesmos que Boimorto, que más que un boi morto cremos que reproduce unha tautoloxía ou repetición de peedra, cuncha incerta pero probable base boi, pedra (que non vemos recollida na bibliografía especializada) e a preindoeuropea mor, pedra, si asumida e comentada por diversos autores.

A enganosa transparencia de topónimo Boimorto, que suxire un equivocado boi morto tamén aparece refrexada na documentación antiga. Así, nun texto de ano 994, referidos ó Boimorto da provincia da Coruña, lemos: ...ubi dicunt Boue mortuo (López Ferreiro, Historia da Igrexa de Santiago, ap.2, páxina 195).

Este documento transcribe, segundo pensamos, unha falsa latinización, que demostra que na época da súa redacción o topónimo Boimorto tería unha forma igual ou moi parecida á actual, pois o amanuense medieval, asociando Boimorto a un boi de carne e oso, representaríao coa forma falsa de Boue mortuo.

No folclore popular volve a repetirse a asociación do topónimo Boi coa especie de gando que parece nomear. Así, os chamados Bois de Gures, dous illotes rochosos cércanos a ensenada coruñesa de Ézaro, serían unha parella de bois encantados que, escapando do asolagamento da cércana cidade de Duio, pereceron afogados e foron transformados nas actuais pedras que constitúen os referidos illotes.

Fernando Cabeza

La Voz de Galicia,
Sábado 21 de marzo de 1992

Atrás Top

 


© [email protected] | nos | termos e condicións de uso | privacidade e copyright | colaborar | contactar