Ángeles Barreiro

Nada en 1963, Ángeles Barreiro comezou a adestrar e competir cando só tiña catorce anos da man do seu preparador Raimundo Fernández, e conseguiu ser doce veces internacional en atletismo, máis concretamente no lanzamento de disco e de peso.

No seu palmarés está ser a primeira muller española que lanzou máis alá dos 50 e dos 60 metros. No ano 1992 mellorou en 5 ocasións a marca nacional de lanzamento de disco e participou na olimpíada de Barcelona.

Foi 11 veces campioa de España de lanzamento de disco, 4 veces subcampioa de lanzamento de peso, 23 veces campioa galega de disco e 24 veces campioa de peso.

Durante a súa carreira elevou a marca nacional en máis de 12 m, algo único na historia do atletismo español.