|
Xente e Boimorto. Luz Casal Sen lugar a dubidas se buscamos a unha persoa famosa relacionada con Boimorto esta é Luz Casal, aínda que a súa vida en Boimorto fose so duns poucos meses da súa infancia... hoxe en día sen lugar a dubidas ela é a persoa máis famosa do concello...
A bela cantante española Luz Casal non logra acordarse de cándo empezou a cantar, pero si recorda as súas "alucinantes" actuacións enriba de calquera mesa para compracer ós seus familiares e amigos... Única filla do matrimonio formado por Xosé e Matilde, a súa familia trasladase a vivir a Asturias cando tiña tan so seis meses. Case sempre actuou como solista, salvo en algunhas ocasións como cando forma parte de "Los Fannys", un grupo de rock dedicado a versionar. Redímese desta faceta complementando os seus coñecementos musicais coa técnica operística do belcanto. Deixa a fabada polo cocido madrileño, e na capital patease tódalas compañías discográficas. Unha productora independente interesase por ela e mándaa a uns estudios onde lle fan unha proba gravando uns coros. E pouco a pouco vaise introducindo no mundo da música. A partir de 1977 entra de cheo no mundo da música xove e empeza a interpretar temas máis comerciais. En 1980 edita un single, "El ascensor", e en outono de 1981 grava o seu primeiro LP, "Luz". En 1983 realiza unha xira por toda España con Miguel Ríos como integrante do show "El rock de una noche de verano". A súa consagración como unha das mellores cantantes solistas en España é definitiva tralo lanzamento do disco "Luz V". 1994 é un ano de viaxes de pracer, pero tamén de traballo e preparación de novas cancións, que se gravan e mezclan para dar corpo a o seu novo álbum "Como la flor prometida", presentado en 1995 e na súa preparación "só" inverte catro anos. Tras unha larga pausa, Luz volve a música en 1999 con "Un mar de confianza", álbum no que a artista comenta que o nome do disco reflexa a súa madurez como intérprete e persoa. A cantante de temas tan populares como No me importa nada, Rufino o Piensa en mí gústalle cantar sobre a incomunicación e sobre cuestións tan importantes na vida como a insistencia. En definitiva, demostrou ter unha gran voz para as baladas e unha forza especial en tódalas súas actuacións.
|