boimorto.org | mapa | que ver | xente | datos | o queixo

 

 

 

 

Xente e Boimorto. Suso de Marcos

Boimorto, 1950. Neste ano Jesús López García, nace na familia "de Marcos". Hoxe en día coñecido como Suso de Marcos é, entre outras cousas, un dos principais escultores contemporáneos españois.

Estes pequenos apuntamentos biográficos orixinalmente foron publicados en castelán na Web do Colexio Público Armando Cotarelo Valledor de Boimorto.

Para acceder a eles preme este enlace.
Sudo de Marcos

Suso de Marcos naceu en Boimorto (A Coruña) no año 1950. O seu nome para a sociedade é Jesús López García, pero o peso do comportamento popular condicionou que desde a súa infancia se lle engadira o familiar "Suso" a continuación "de Marcos", tal como era (e é) coñecida a familia do artista desde tempos atrás.

A súa infancia transcorre no medio rural e de forma humilde. Pronto apunta o seu gusto polo traballo do tallado: o seu pai realizaba apeiros de labranza con madeira e o seu fillo, en varias ocasiones, mostrou curiosidade por esa actividade.

Pronto se traslada a veciña cidade da Coruña, en onde simultánea o traballo en talleres de artesanía coa súa formación técnico-artística na Escola de Artes e Oficios de esta cidade. Máis tarde trasladarase a Madrid (1973) e alí, ó tempo que completa a súa formación na Escola Central, traballa xa con escultores como Pau Paissa, Ortega Bru ou Juan de A valos. Determinantes na súa formación artística, preséntansenos nesta época as visitas ó Museo do Prado e os viaxes ultrapirenaicos a Italia, Iugoslavia, Grecia, Inglaterra e Francia, en busca do coñecemento das novidades artísticas de vangarda.

En 1975 inicia a súa actividade expositiva e xa en 1976 recibe a terceira medalla en escultura no Certame Nacional de Belas Artes, celebrado en Madrid.

Segue viaxando ó estranxeiro e a difusión da súa obra é cada vez maior: Madrid, París, A Coruña, Ourense, Segovia, Cuenca, Guadalaxara... acollen con éxito a súa producción.

En 1979 chega a Málaga para ocupar a praza de Axudante de Talla (disciplina que busca a formación artesanal do alumno) da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. A súas aspiracións artísticas e as súas inquietudes creativas faranlle proxectar a creación da disciplina de Talla en Madeira, que superará o límite artesanal e asentarase sobre a finalidade artística. Por méritos propios, obtén en 1982 por oposición a praza de profesor na especialidade de Talla Artística en Madeira na Escola de Málaga.

Desde o ano da chegada hasta hoxe, Málaga presenciou o seu crecemento nos dous camiños polos que ven discurrindo a súa relación coa escultura. Por un lado, na súa dedicación a ensinanza, como transmisor de inquietudes artísticas. Por outro, na súa producción escultórica persoal, a súa vez repartida entre a libre creación e as obras de temática relixiosa que responden a unha demanda pública (non esquezamos o compoñente relixioso da cultura andaluza).

A súas inquietudes culturais (exposicións e obras súas vincúlano á literatura, á historia, á pintura...), a súa progresión no uso de materiais (primeiro, madeira; logo ferro e madeira; máis tarde, cristal, auga, ferro, poliéster, metacrilato, luz artificial...), a súas frecuentes exposicións e os nomeamentos de carácter académico (ingreso en 1986 na Real Academia de Belas Artes de San Telmo é en 1991 na Real Academia Galega de Belas Artes da Coruña), mostran o seu afán de, progreso e perfeccionamento artístico, así como a súa incuestionable valía como escultor.

Este recorrido pola vida e pola obra de Suso de Marcos quedaría incompleto se non se dedicasen estas últimas verbas a remarcar o seu altruísmo e empeño en favorecer a aqueles interesados pola cultura: en 1987 crea o Premio de Talla Suso de Marcos, que cada año vense facendo realidade; en xuño de 2001 entréganse, no CPI Armando Cotarelo de Boimorto, as primeiras Axudas ós Estudios Suso de Marcos, que van encamiñadas a contribuír economicamente á formación académica de aqueles alumnos con maiores inquietudes culturais.

No ano 2003 recibe o nomeamento de Académico Correspondinte da Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla.

Atrás Top

 


© [email protected] | nos | termos e condicións de uso | privacidade e copyright | colaborar | contactar