|
|
Algo de xeografía As terras de Boimorto pertencen ó que na Galiza se chama terras de montaña. Son terras de releve ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin altos cumios. A altitude oscila entre os 614 metros do Coto de Salgueiros, ó sur do municipio, e as veiras do Tambre, ó norte, que discorre a pouco máis dos 400 metros. Unha excepción encontrámola na esquina oriental que sube polas ladeiras dos montes do Bocelo ata alcanzar os 733 metros no Coto das Amieiras. A superficie é de 82,6 kilómetros cadrados e a poboación de 3.003 habitantes (Censo de 1986). A súa densidade, 36,35 habitantes por kilómetro cadrado, colocase entre as máis baixas da provincia coruñesa. Desde o punto de vista hidrográfico o municipio de Boimorto encontrase sobre unha serie de lomas divisorias das concas do Tambre e do Ulla. O primeiro sírvelle de límite setentrional co concello de Présaras, formando lugares naturais de gran interés por paraxes como o dos moliños de Valdoña, o da antiga central eléctrica de Mezonzo -onde se xunta ó río Cabalar-, ou o das ruínas da fábrica de tecidos de Présaras. A súa actividade é case exclusivamente agrícola e gandeira e figura entre as comarcas coruñesas que necesitan unha atención especial para estimular o seu desenrolo.
|