O camiño do norte ou de Oviedo

En tempos de Carlomagno de Aquisgran, de Alfonso II o Casto de Asturias, sendo Teodomiro bispo de Iria Flavia, sobre o ano 813, no monte Libredon acontecen unha serie de prodixios e o ermitaño Pelagio de Solovio descobre a tumba do Apostolo. Considerase o primeiro camiño o que realizaron os reis asturianos, abandeirados nas loitas da "Reconquista", gardadores de reliquias e tradicions da cristiandade.

Tamen e coñecido como Ruta Cantabrica ou Camiño Alto e foi o usado nos primeiros tempos da peregrinacion, empezando polos propios monarcas da corte asturiana. O avanzar a reconquista cara o sur e organizar Cluny o que denominamos Camiño frances, o accidentado do terreo e os recovecos da costa, fixerono desancosellable. Na actualidade esta volvendo a ser considerado. Inicia a sua andadura polo pais vasco, e a traves de pobos costeiros e mariñeiros de Cantabria e Asturias fai a sua entrada en Galicia, onde se pode escoller por coñecer a amurallada cidade do Sacramento via Meira ou seguir pola costa de A Mariña ou Ribadeo.

GALICIA. A variante ata a cidade de Lugo, non por menos transitada deixa de ofrecer interesantes paisaxes na Terra de Miranda, cos angostos vales encallados que desembocan no curso medio do Eo, e na extensa Terra Cha, gran altiplano no que pace unha numerosa cabana gandeira. Teremos tamen ocasion de coñecer as fontes do Miño, o mosteiro cisterciense de Sta. Maria de Meira, o completo castro de Viladonga, cun museo adxunto e a caracteristica arquitectura tradicional na que se combinan o granito, a madeira e os tellados de pizarra.

Lugo, a romana Lucvs Augusti que fora capital dun dos conventos en que se dividira Galicia conserva de aquela epoca numerosos vestixios, entre os que destaca a muralla. Os seus maos de dous Km de perimetro sorprenderan o pelengin que logo debe dirixir os seus pasos a Catedral gotica, sua fachada neoclasica recordaralle a de Pamplona. A zona vella coas suas prazas e ruas, ten un ambiente moi agradable para tomar algun viño e unhas tapas. A cidade e coñecida pola sua boa cociña baseada nos pratos tradicionais galegos

A segunda opcion, a traves do val del Masma, permite tamen contemplar bos panoramas
e singulares monumentos como a ex-catedral romanica de S. Martiña de Mondoñedo, vinculada a primitiva sede de Britania e o santo fundador Rosendo. En Vilanova de Lourenza alzase monumental a fachada do mosteiro, obra de Casas Novoa; no interior gardanse o marmoreo sepulcro paleocristian de Osario Gutierrez (popularmente coñecido como o Conde Santo), peza importada unica en Galicia, e un impresionante relicario barroco. Como broche esta Mondoñedo, cidade episcopal na que parece haberse detido no tempo en medio das maxicas brumas do val e o son que producen os regatos que atravesan o casco urbano, en outros tempos aprovechados por muiños. Destacan ante todo a catedral e varios edificios barrocos como os conventos de Alcantara e Concepcionistas, o Seminario, o Palacio Bispal e o Santuario dos Remedios; as suas tipicas tortas son afamadas en todo o pais. Entre o 17 e 19 de outubro celebrase As Son Lucas, tipicas grandes feiras con gando cun orixe que se remonta a Idade Media.

Xa na Terra Cha, de verdes praderias, montes e rios de augas colmas, cruzamos Villalba coa sua torre octogonal dos Andrade e Lugo Baamonde, cunha parroquia de Santiago romanico-gotica ten o lado un vello castiñeiro tallado a modo de capela mariana. So nos resta disfrutar do xigantesco mosteiro cisterciense de Sobrado dos Monxes e da coqueta igrexa romanica con tres naves de Santa Maria de Mezonzo, ata enlazar en Arzua co Camiño Frances.

Imaxe do camiño Norte de Santiago... Camiño Norte