As terras de Boimorto son aptas para a practica da caza e a pesca fluvial. A sua gastronomia basease precisamente nos resultados destas duas actividades. A troita e o coello preparanse de forma exquisita en varias casas de comidas do concello. Tamen elaboranse saborosos queixos que se comercializan co nome xenerico de Arzua-Ulloa.
Son moi numerosos os pazos rexistrados dentro dos limites de Boimorto, pero case todos perderon as suas caracteristicas palaciegas e converteronse en «casas grandes» de labranza.
Tamen encontran os especialistas e arqueologos non poucos lugares de investigacion en castros, mamoas e menhires, como os de Andabao, que pasan desapercibidos para o turista en xeral.