Luz Casal

Sen lugar a dubidas se buscamos a unha persoa famosa relacionada con Boimorto esta e Luz Casal, ainda que a sua vida en Boimorto fose so duns poucos meses da sua infancia... hoxe en dia sen lugar a dubidas ela e a persoa mais famosa do concello...

Data Nacemento: 11/11/1958
Color ollos: Marron
Color cabelo: Negro
Paxina Web: Luz Casal

Luz Casal

A bela cantante española Luz Casal non logra acordarse de cando empezou a cantar, pero si recorda as suas "alucinantes" actuacions enriba de calquera mesa para compracer os seus familiares e amigos...

Única filla do matrimonio formado por Xose e Matilde, a sua familia trasladase a vivir a Asturias cando tiña tan so seis meses. Case sempre actuou como solista, salvo en algunhas ocasions como cando forma parte de "Los Fannys", un grupo de rock dedicado a versionar. Redimese desta faceta complementando os seus coñecementos musicais coa tecnica operistica do belcanto.

Deixa a fabada polo cocido madrileño, e na capital patease todalas compañias discograficas. Unha productora independente interesase por ela e mandaa a uns estudios onde lle fan unha proba gravando uns coros. E pouco a pouco vaise introducindo no mundo da musica. A partir de 1977 entra de cheo no mundo da musica xove e empeza a interpretar temas mais comerciais. En 1980 edita un single, "El ascensor", e en outono de 1981 grava o seu primeiro LP, "Luz". En 1983 realiza unha xira por toda España con Miguel Rios como integrante do show "El rock de una noche de verano".

A sua consagracion como unha das mellores cantantes solistas en España e definitiva tralo lanzamento do disco "Luz V". 1994 e un ano de viaxes de pracer, pero tamen de traballo e preparacion de novas cancions, que se gravan e mezclan para dar corpo a o seu novo album "Como la flor prometida", presentado en 1995 e na sua preparacion "so" inverte catro anos. Tras unha larga pausa, Luz volve a musica en 1999 con "Un mar de confianza", album no que a artista comenta que o nome do disco reflexa a sua madurez como interprete e persoa.

A cantante de temas tan populares como No me importa nada, Rufino o Piensa en mi gustalle cantar sobre a incomunicacion e sobre cuestions tan importantes na vida como a insistencia. En definitiva, demostrou ter unha gran voz para as baladas e unha forza especial en todalas suas actuacions.