Suso de Marcos

Boimorto, 1950. Neste ano Jesus Lopez Garcia, nace na familia "de Marcos". Hoxe en dia coñecido como Suso de Marcos e, entre outras cousas, un dos principais escultores contemporaneos españois.

Estes pequenos apuntamentos biograficos orixinalmente foron publicados en castelan na Web do Colexio Publico Armando Cotarelo Valledor de Boimorto.

Para acceder a eles preme este enlace.

Sudo de Marcos

Suso de Marcos naceu en Boimorto (A Coruña) no año 1950. O seu nome para a sociedade e Jesus Lopez Garcia, pero o peso do comportamento popular condicionou que desde a sua infancia se lle engadira o familiar "Suso" a continuacion "de Marcos", tal como era (e e) coñecida a familia do artista desde tempos atras.

A sua infancia transcorre no medio rural e de forma humilde. Pronto apunta o seu gusto polo traballo do tallado: o seu pai realizaba apeiros de labranza con madeira e o seu fillo, en varias ocasiones, mostrou curiosidade por esa actividade.

Pronto se traslada a veciña cidade da Coruña, en onde simultanea o traballo en talleres de artesania coa sua formacion tecnico-artistica na Escola de Artes e Oficios de esta cidade. Mais tarde trasladarase a Madrid (1973) e ali, o tempo que completa a sua formacion na Escola Central, traballa xa con escultores como Pau Paissa, Ortega Bru ou Juan de A valos. Determinantes na sua formacion artistica, presentansenos nesta epoca as visitas o Museo do Prado e os viaxes ultrapirenaicos a Italia, Iugoslavia, Grecia, Inglaterra e Francia, en busca do coñecemento das novidades artisticas de vangarda.

En 1975 inicia a sua actividade expositiva e xa en 1976 recibe a terceira medalla en escultura no Certame Nacional de Belas Artes, celebrado en Madrid.

Segue viaxando o estranxeiro e a difusion da sua obra e cada vez maior: Madrid, Paris, A Coruña, Ourense, Segovia, Cuenca, Guadalaxara... acollen con exito a sua produccion.

En 1979 chega a Malaga para ocupar a praza de Axudante de Talla (disciplina que busca a formacion artesanal do alumno) da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artisticos. A suas aspiracions artisticas e as suas inquietudes creativas faranlle proxectar a creacion da disciplina de Talla en Madeira, que superara o limite artesanal e asentarase sobre a finalidade artistica. Por meritos propios, obten en 1982 por oposicion a praza de profesor na especialidade de Talla Artistica en Madeira na Escola de Malaga.

Desde o ano da chegada hasta hoxe, Malaga presenciou o seu crecemento nos dous camiños polos que ven discurrindo a sua relacion coa escultura. Por un lado, na sua dedicacion a ensinanza, como transmisor de inquietudes artisticas. Por outro, na sua produccion escultorica persoal, a sua vez repartida entre a libre creacion e as obras de tematica relixiosa que responden a unha demanda publica (non esquezamos o compoñente relixioso da cultura andaluza).

A suas inquietudes culturais (exposicions e obras suas vinculano a literatura, a historia, a pintura...), a sua progresion no uso de materiais (primeiro, madeira; logo ferro e madeira; mais tarde, cristal, auga, ferro, poliester, metacrilato, luz artificial...), a suas frecuentes exposicions e os nomeamentos de caracter academico (ingreso en 1986 na Real Academia de Belas Artes de San Telmo e en 1991 na Real Academia Galega de Belas Artes da Coruña), mostran o seu afan de, progreso e perfeccionamento artistico, asi como a sua incuestionable valia como escultor.

Este recorrido pola vida e pola obra de Suso de Marcos quedaria incompleto se non se dedicasen estas ultimas verbas a remarcar o seu altruismo e empeño en favorecer a aqueles interesados pola cultura: en 1987 crea o Premio de Talla Suso de Marcos, que cada año vense facendo realidade; en xuño de 2001 entreganse, no CPI Armando Cotarelo de Boimorto, as primeiras Axudas os Estudios Suso de Marcos, que van encamiñadas a contribuir economicamente a formacion academica de aqueles alumnos con maiores inquietudes culturais.

No ano 2003 recibe o nomeamento de Academico Correspondinte da Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungria de Sevilla.