Algo de xeografía

As terras de Boimorto pertencen o que na Galiza se chama terras de montaña. Son terras de releve ondulado, sen chegar a constituir verdadeiras serras nin altos cumios. A altitude oscila entre os 614 metros do Coto de Salgueiros, o sur do municipio, e as veiras do Tambre, o norte, que discorre a pouco mais dos 400 metros.

Unha excepcion encontramola na esquina oriental que sube polas ladeiras dos montes do Bocelo ata alcanzar os 733 metros no Coto das Amieiras.

A superficie e de 82,6 kilometros cadrados e a poboacion de 3.003 habitantes (Censo de 1986). A sua densidade, 36,35 habitantes por kilometro cadrado, colocase entre as mais baixas da provincia coruñesa.

Desde o punto de vista hidrografico o municipio de Boimorto encontrase sobre unha serie de lomas divisorias das concas do Tambre e do Ulla.

O primeiro sirvelle de limite setentrional co concello de Presaras, formando lugares naturais de gran interes por paraxes como o dos moliños de Valdoña, o da antiga central electrica de Mezonzo -onde se xunta o rio Cabalar-, ou o das ruinas da fabrica de tecidos de Presaras.

A sua actividade e case exclusivamente agricola e gandeira e figura entre as comarcas coruñesas que necesitan unha atencion especial para estimular o seu desenrolo.

Boimorto