Parroquia de Dormeá

Na a parroquia de Dormeá, unha das que mais se citan nos documentos medievais, conservase a pequena igrexa de San Cristovo, sinxelo templo romanico do seculo XII. Pertenceu a un mosteiro feminino fundado en 1152 por dona Lupa, filla do conde de Galiza Pedro Froilaz de Traba e muller,do Conde de Monterroso don Munio Pelaez.

Os seus termos foron acotados por Fernando II de Leon, no ano 1157. Cerca dun seculo despois, o trobador Fernan Paez de Talamancos cita mais dunha vez nas suas cantigas de maldizer o cenobio e a la entonces abadesa, a sua «coyrmaa» e amiga. O templo e dunha nave e un abside de planta rectangular, cuberto con boveda de canon; ingresase baixo un arco triunfal apuntado apoiado en semicolumnas adosadas.

As portas laterais son antigas, pero a principal debese a un arreglo moderno. Nesa parroquia, o borde da estrada xeral conservase o pazo de Vilanova, coñecido como A Casa Grande. A sua primitiva construccion parece datar do seculo XVI, ainda modificado posteriormente, e hoxe ofrece un aspecto sobrio e rural con parte da sua construccion enfoscado e outra granitica.

Ten una bonita balconada angular sobre airosas columnas e balaustrada barroca. Nos escudos puedense ver os roeles dos Castro de Lemos, de quenes descenden os vinculantes desta casa, e as faixas dos Ulloa. Pertenceu desde o seculo XVII os Prado e Saavedra. Ten unha sinxela capela, separada do edificio por un pequeno arroio, e unha gran finca o redor.

Foto 1 Dormeá Foto 2 Dormeá