Toponimia

Boimorto e Bois de Gures

Destacamos hoxe dous lugares chamados Boimorto. Tratase de Boimorto , lugar e parroquia do concello de Vilamarin (Ourense) e Boimorto , parroquia e concello da provincia de A Coruña.

Estes toponimos dan nome a dous entornos pedregosos A caracteristica pedregoso comun a los lugares clamados Boimorto , repitese a vista un documento do ano 1292 que fala dun lugar que chaman a Pena do Boy morto (M. Lucas y P.P. Lucas, San Pedro de Ramir as. Un mosteiro feminino na Idade Media, paxina 441).

A forma documental de Boy morto , separada, suxirenos un toponimo composto dos simples Boi e Morto que, como vamos a ver, tamen por separado dan nome a pedras e lugares pedregosos.

Asi, Boi , frecuentisimo, sempre nomea a peñascos terrestres ou maritimos. Entre outros moitos, Boi e o nome dunha punta rochosa da parroquia e concello de Baoiona (Pontevedra).

O Boi , Os Bois e O Corno do Boi son os nomes dunha punta e baixos mariños da parroquia de Xaviña, no concello coruñes de Camariñas. Notese que O Corno do Boy parece unha tautoloxia composta dunha posible pase boi, peedra , e a preceltica corn , pedra. Boi Grande e Boi Pequeno , illotes todo raca situados fronte a punta do Orzan (A Coruña).

Boidecanto , punta costeira situada na parroquia de Lians (Oleiros-A Coruña), e unha posible repeticion ou tautoloxia de pedra a base dos compoñentes boi e o preindoeuropeo cant , tamen roca ou pedra.

Boicornello , lugar da parroquia de San Pedro do Val de Xestoso (Monfero-A Coruña), que constitue outra tautoloxia similar a anterior de O Corno do Boi , que aparte das pedras de Xaviña da nome a un sistema montañoso onde abunda a pedra, situado no concello de Friol (Lugo).

En canto a Morto , pensamos que proben dun compoñente indoeuropeo mor, pedra , e tamen da nome a sitios pedregosos. Asi, os vistos noutro articulo Morro Mortaxa (tautoloxia de mor ) e Punta Mortaza , cabos moi pedregosos situados na praia de Valdaio, no concello coruñes de Carballo.

A voz morto tamen aparece no toponimo Mouromorto , outra posible tautoloxia de mor que sempre nomea emprazamentos moi pedregosos. Asi, con estas caracteristicas moi marcadas destacamos un lugar chamado Mouromorto pertencente a parroquia de Calo, (Teo-A Coruña), que nada tera que ver, ainda que o pareza, con mouros mortos. Os mesmos que Boimorto , que mas que un boi morto cremos que reproduce unha tautoloxia ou repeticion de peedra , cuncha incerta pero probable base boi , pedra (que non vemos recollida na bibliografia especializada) e a preindoeuropea mor, pedra, si asumida e comentada por diversos autores.

A enganosa transparencia de toponimo Boimorto , que suxire un equivocado boi morto tamen aparece refrexada na documentacion antiga. Asi, nun texto de ano 994, referidos o Boimorto da provincia da Coruña, lemos: ...ubi dicunt Boue mortuo (Lopez Ferreiro, Historia da Igrexa de Santiago , ap.2, paxina 195).

Este documento transcribe, segundo pensamos, unha falsa latinizacion, que demostra que na epoca da sua redaccion o toponimo Boimorto teria unha forma igual ou moi parecida a actual, pois o amanuense medieval, asociando Boimorto a un boi de carne e oso, representariao coa forma falsa de Boue mortuo.

No folclore popular volve a repetirse a asociacion do toponimo Boi coa especie de gando que parece nomear. Asi, os chamados Bois de Gures , dous illotes rochosos cercanos a ensenada coruñesa de Ézaro, serian unha parella de bois encantados que, escapando do asolagamento da cercana cidade de Duio, pereceron afogados e foron transformados nas actuais pedras que constituen os referidos illotes.

Fernando Cabeza

La Voz de Galicia,
Sabado 21 de marzo de 1992